|
|
JOSE MANUEL YÁNEZ CARBALLEIRA
|
Realizou os seus estudios no Conservatorio Superior de Música de A Coruña da man da concertista e profesora Natalia Lamas, e participa en diferentes cursos de perfeccionamento cos profesores Luís Galve, Manuel Carra, Cecilio Tieles, E. Pich-Axelfield, Elías Arizcuren, Edson Elías, Laszlo Gyimesi, J. L. Estellés, Benet Casablancas,Lucca Chiantore,Almudena Cano...
Actuou en diversas formacions: piano só, música de Cámara, Joven
Orquesta Nacional de España (JONDE), Orquesta de Cámara Nemet, Orquestra de
Cámara Municipal de A Coruña (coa que estrenou os "Catro Temperamentos" de P.
Hindemith, como solista), Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara
Galega e coa Banda Municipal de A Coruña (interpretando como solista "Parade
Concerto" de S. Lance e "Rapsody in Blue" de G.Gershwing).
En 1991 fundou o Trío Groba xunto ao violinista e a chelista Rogelio e Clara Groba e, posteriormente formou parte da Orquestra de Cámara Galega. Na actualidade é profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, ocupando dende o curso 1999-2000 o cargo de director deste centro. Ademais é membro fundador da Asociación Galega de Intérpretes de Música Clásica (ASGAIM).
Nos últimos anos foi requerido para formar parte do xurado no Premio
Internacional de Piano Cidade de Ferrol. Está realizando o Master en
Interpretación de Piano da Universidade de A Coruña, impartido polo profesor e
concertista Albert Attenelle.
Recentemente realizou, xunto á pianista Valvanera Briz en Dúo a Catro Mans, unha serie de concertos pola Comunidad de La Rioja.