986784694-645137031 viravolta@viravolta.es

Apdo. 185

36500 Lalín

Inicio Repertorio Espectáculos de rúa Animación e obradoiros Vennos ver Outros espectáculos Un pouco de historia

 

 

    

A Repertorio                         

BARRIGA VERDE

(Espectáculo de títeres de cachiporra para todos os públicos)

    Este espectáculo está baseado na investigación que sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego  está a realizar a compañia VIRAVOLTA

   Das nosas investigacións coa familia Silvent e espectadores do Barriga Verde tradicional sacamos cinco sketchs costumistas, que encaixan perfectamente con outros dous sacados da tradición europea e con maior contido de crítica social para configurar a seguinte liña argumental:

Xogo da pelota: Ante o intento de facer trampas no xogo por parte do antagonista, Barriga Verde da boa conta del usando a súa estaca

A barbería. O cura recrimina a Barriga Verde e convénceo de que se faga barbeiro, Barriga Verde na barbería ten como cliente ao seu antagonista que negándose a pagar o traballo provoca as súas iras enviándoo ao outro mundo

O enterro. Morto o antagonista proceden a enterralo e o cura reclama a Barriga Verde os gastos do enterro, xa que el foi o responsable, Barriga Verde paga pero con estacazos. O cura vai ao inferno onde o Demo empeza a queixarse da presencia de este novo cliente.

O exército. Barriga Verde para fuxir da xustiza alístase no exército, onde se nega a servir e acaba facendo unha nova falcatruada.

O xuízo. Preso pola xustiza, Barriga Verde é condeado á forca pero consegue salvarse executando ao verdugo.

A corrida de touros. Barriga verde métese a toureiro e realiza unha vistosa faena. Este, xunto co da barbería, é un dos sketchs máis típicos do teatro de títeres tradicional de toda a península.

A morte do demo. O demo cansado de tanta visita insoportable que lle envía Barriga Verde, búscao para protestar, pero Barriga Verde elimínao.

    Finaliza o espectáculo coa frase final tradicional que pasou a formar parte do repertorio de expresións populares do noso idioma:

“Morto o demo, acabouse a peseta”

 

Fotos

Ficha

 

 

       

      Inicio - RepertorioEspectáculos de rúa -Animación e obradoiros

                          Vennos ver - Os titiriteiros - Outros espectáculos - Un pouco de historia